O alumnado de 2º ten a súa disposición un mini libro e dúas fichas polos dous lados onde poden repasar os dous primeiros temas do libro BIG SURPRISE 2 (páxinas 2, 3 , 4 e 5 do minilibro).
Na unidade 1 ( The sun and the wind ) aprenderon vocabulario relacionado coas prendas de deporte e o tempo e na unidade 2 ( Neon the fish ) aprenderon as partes do corpo e a familia.
Déixovos un enlace onde podedes descargar as fichas que queirades para repasar os dous temas.
Recordarvos que estas actividas son voluntarias para que o alumnado repase o aprendido ata agora.
BIG SURPRISE 2 Unit 1 : The sun and the wind.
Big Surprise Unit 2: Neon the fish.
Tamén engado enlace ao libro de segundo onde podedes observar os temas vindeiros para as familias que desexen imprimir fichas . Este material o podedes atopar no blogue
ENGLISH FUN&FAN CLUB . Os contidos que aparecen pertencen á editorial OXFORD e son de carácter educativo e a súa difusión non é comercial.
Seleccionar BIG SURPRISE 2 e alí poderedes ver os vídeos e as cancións dos temas.
ENJOY
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Aquí podedes deixar os vosos comentarios: