Amosando publicacións coa etiqueta Monkey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Monkey. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de marzo de 2020

MONKEY TAMÉN QUEDA NA CASA. MONKEY STAYS AT HOME...

Ola, rapazada !!
Aquí está Monkey no sofá, preguntándome a que podemos xogar.  Non podemos saír para lucir  esta roupa tan chula que Monkey leva posta e que lle teceu a avoa de Valeria Francisco, así que haberá que presumir na casa.

Moitas grazas a esa avoa tan arteira. 
Como aínda nos quedan moitos días de estar pechados na casa, non deixedes de visitar o blogue de cando en vez. Moito ánimo a todos e todas polo gran esforzo que facedes e agardamos que isto remate axiña e poidamos vernos pronto. 
Bicos e apertas!!