mércores, 25 de marzo de 2020

NOTA ACLARATORIA PARA AS FAMILIAS

Ola a todos e todas!

Recibimos algún comentario sobre as actividades que estamos colgando no blogue. Parece que algún de vòs tivo problemas coas actividades que hai que facer online e que vos derivan a outras páxinas. 

Nós, antes de ofrecervos calquera actividade a probamos previamente nos nosos PCs para que non supoñan un risco nin para vós nin para as vosas computadoras.

 Lamentamos calquer incidente que vos poida supoñer e pedimos disculpas por iso, pero insistimos en que todas están previamente testadas por nós. 

Só queremos recordarvos que non son tarefas obrigatorias, que a nosa única intención é aportar actividades algo lúdicas que poidan tamén ser un reforzo dos contidos que traballamos na aula.

 Dicirvos tamén que nin as actividades que vos achegamos no blogue nin por outras vías son avaliables, por eso simplemente vos pedimos que ante calquer incidente non dubidedes en contactar con nós a través do noso correo searateachers@gmail.com e sempre coa supervisión dun adulto. 

Un saúdo agarimoso e moito ánimo nestes días de encerro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Aquí podedes deixar os vosos comentarios: